xoves, 28 de abril de 2016

Visita ao humedal do Burgo

O pasado 26 de abril acudimos co curso de 1ºESO A ao humedal da ría do Burgo para facer unha observación das aves que frecuentan a zona.
Tivemos a sorte de que nos acompañara un marabilloso día e guiados por Antonio Sandoval (Presidente da Sociedade Galega de Ornitoloxía) puidemos contemplar diversos exemplares: unha garceta, un corvo mariño, un mazarico, unha gaivota chorona, numerosos cisnes, un miñato voanado ao lonxe e varios parrulos.
Engadimos varias fotos alusivas da zona.


1 comentario:

  1. Que breve visita tan chula!...para deixar voar a imaxinación e a ilusión¡

    ResponderEliminar