xoves, 31 de marzo de 2016

Inauguración do blog

O presente blog trata de investigar sobre a localidade na que vivimos A Coruña, ademais doutros lugares de interese coma o Castro de Elviña, as Fragas do Eume, o Courel, os Ancares, as Illas Ons ou as Illas Cíes.
-Pescudar sobre a paisaxe urbana e periurbana da Coruña, para coñecela mellor.
-Recuperar do esquecemento partes fundamentais da nosa historia máis próxima (a nivel político, social, económico e cultural).
-Informarnos sobre o patrimonio, o folclore, a mitoloxía, a cultura, a paisaxe e as nosas tradicións.
-Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes de información, para adquirir novos coñecementos con sentido crítico. Adquirir unha preparación básica no campo das tecnoloxías, especialmente as da información e a comunicación.