O pasado 7 de abril viaxamos a Guitiriz para reencontrarnos co alumnado do IES Xosé María Díaz Castro e visitar a aldea na que naceu este recoñecido persoeiro das Letras Galegas (tamén o contamos en lerunmardecontos). Alí fomos moi ben recibidos por profesorado e alumnado que nos acompañaron a Vilariño. Realizamos diversas actividades, todas marabillosamente dirixidas polo alumnado de Guitiriz, que primeiramente nos dividira en grupos. A primeira era sobre Xogos tradicionais, outra relacionada coas Árbores e a súa idade, outra sobre a Escola naquela época e finalmente unha centrada en Díaz Castro e o seu poema máis coñecido "Penélope". A seguir incluímos algunhas fotos.
luns, 18 de abril de 2016
Viaxe a Vilariño (Guitiriz)

luns, 11 de abril de 2016
Nace un carballo
O 15 de marzo de 2016 o alumnado de 1ª ESO A colaborou connosco no Proxecta MAR E NATUREZA plantando un carballo na parte dianteira da nosa escola, o IES Urbano Lugrís da Coruña. A tarefa durou pouco tempo, mais agardamos que se vaia aclimatando, bote raíces e medre con ganas para que toda a comunidade educativa poida visualizalo e tamén nos represente, xunto co acivro, plantado no 2015, como árbore senlleira da nosa terra. Incluímos unhas fotografías do evento.
O traballo dun percebeiro
O día 3 de novembro, dentro do programa "Festival Mar de Mares", veu á escola o percebeiro Xulio Álvarez para contarlle ao alumnado de 2º da ESO en que consiste o seu traballo.
A seguinte saída fixémola o 20 de novembro polos arredores da Torre de Hércules. O percebeiro comezou a visita na Praia de Santo Amaro e fomos seguindo a liña da costa, mentres lle comentaba ao alumnado de 2º ESOA e 2º ESO B cales eran as zonas onde recollían máis percebe, por exemplo pasando O Grelle, na zona do Redondo, por Punta Herminia e ata pasar as rochas do Boi, a Vaca e o Becerriño. Rematamos a visita preto do Areal situado nas proximidades da Torre de Hércules, coa promesa de facermos a mesma visita desde Riazor ata o Portiño. Resultou unha saída moi atraente e entretida, dado que os rapaces só coñecían este oficio de oídas, aínda que moitos deles tiñan familiares que participaban de forma directa na mesma. A seguir incluiremos algunhas fotos.
sábado, 9 de abril de 2016
Beleza con mar de fondo
En filosofía, cando nos poñemos, reflexionamos con argumentos, con palabras... mais tamén somos capaces de facelo con imaxes (e outros;)
En 1º de Bacharelato neste curso puxéronse un chisco creativos e realizaron unhas creativas fotos tratando de dar resposta á pregunta "Que é para ti a beleza?"
Algunhas delas, como quen non quere a cousa, teñen o mar nalgures...
Estiveron expostas na entrada do instituto e agora decoran a aula do primeiro curso de bacharelato
Aquí tendes algunha delas:
![]() |
| Sheila Pérez Pena |
![]() |
| "Non hai maior beleza que a dunha verdadeira amizade" Sara Quindimil Vázquez |
![]() |
| Alejandro Espiñeira Lineros |
![]() |
| "Gastamos dinero que no tenemos, en cosas que no necesitamos, para impresionar a gente a la que no importamos" Juan Manuel Sandino |
Etiquetas:
1º Bac,
Beleza,
filosofía,
fotografía,
mar
martes, 5 de abril de 2016
Plantando un acivro
O 26 de outubro de 2015 o alumnado de 1ª ESO A colaborou connosco no Proxecta MAR E NATUREZA plantando un acivro na parte dianteira da nosa escola, o IES Urbano Lugrís da Coruña. A tarefa en si durou escasos 10 minutos, mais agardamos que se vaia aclimatando, bote raíces e medre con forza para que toda a comunidade educativa poida visualizalo e tamén nos represente, como árbore senlleira da nosa terra.
Incluímos unhas fotografías do evento.
![]() |
| Adela e Miren |
luns, 4 de abril de 2016
Natureza e números
NATUREZA
E NÚMEROS
Está máis que recoñecido que A Matemática é moi
importante polas súas aplicacións no campo da Ciencia e a Tecnoloxía e que
grazas a ela desenvolvéronse moitas das súas teorías. É tamén sabido que as
matemáticas son esenciais no día a día: cando realizamos a cesta da compra,
amoblamos a nosa casa, medimos o tempo... etc., non hai nin un só día no que os
números non nos asalten.
Con todo A Matemática tamén forma parte da arte, a música e máis aínda, son esencia da vida, de todo aquilo que nos rodea, miremos onde miremos a natureza respira dela.
Mediante esta actividade queremos que os alumnos sexan realmente conscientes de que eses pequenos e non tan pequenos seres que habitan xunto a nós son o que son grazas a que existen os números e as súas relacións.
Visualizaremos o vídeo nature by numbers creado por Cristóbal Vila e a partires del descubriremos a serie de Fibonacci e a Proporción Áurea e a súa relación coas cunchas do náutilos, o Ángulo Áureo e a súa relación cos xirasoles e finalmente as Teselacións de Voronoi e a súa relación coas ás dunha libélula.
Isto será tan só unha ínfima mostra da Matemática da que respira a vida que nos rodea.

Tras visualizar o vídeo e explicar estes conceptos matemáticos a través da páxina creada por Cristóbal Vilas os alumnos crearán unha espiral a partires da serie de Fibonacci e poderán decorala ou colorearala e expoñela na aula.
GRUPO: 1º ESO-A
Profesora: Raquel de Arriba Pastor
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)